

Eliminación de eucaliptos
Hoxe tivo unha lugar unha nova xornada para a eliminación de eucaliptos no bosque Ridimoas, cun grupo de persoas socias de Ridimoas. Conseguiuse retirar estas árbores nunha zona na que apareceran neste último ano, coa finalidade de evitar que prosperen en puntos do bosque nos que antes do incendio non tiñan presenza. Grazas por este traballo tan necesario!
hace 5 días


Xornada micolóxica no bosque
Esta mañá compartimos unha xornada micolóxica moi especial no bosque Ridimoas xunto ás nosas socias e socios. Durante a actividade, afondamos na capacidade de rexeneración do monte e no papel clave dos fungos pirófitos para a recuperación do solo tras o incendio do ano pasado. Moitísimas grazas a todas as persoas que vos achegastes e compartistes connosco este sábado, esgotando as prazas dispoñibles para esta actividade. E un agradecemento moi especial a Marcote e a Juanjo
9 oct


Artigo: El latido de Ridimoas un año después del fuego
Compartimos a continuación o artigo publicado no Faro de Vigo sobre o bosque Ridimoas. El latido de Ridimoas: un año después del fuego en la «última selva» de O Ribeiro Tras el incendio que en agosto de 2025 entró al bosque, este verano la reserva botánica afronta la sequía y la muerte diferida de parte de sus árboles por esta causa, mientras protege la fauna y apuesta por una recuperación sin prisas Oitavén, con su cuaderno de apuntes, mostrando desde la iglesia de Beade la
20 ago


O sanguiño
Aínda que podemos atopar pés de sanguiño (Frangula alnus Miller) en distintas partes de Ridimoas, é na paraxe da Barbaña, entre os termos municipais de Beade e Leiro onde este arbusto é máis abundante. Dende hai días, os froitos das pólas de sanguiño expostas ao sol, xa presentan bagas maduras lustrosas de cor negra, mentres que as máis sombrizas aínda manteñen o ton avermellado. Dentro de cada baga ben formada atopamos entre dúas e tres sementes negras, de catro ou cinco mm
18 ago


O territorio da algaria en Ridimoas
Continuamos observando como a algaria (Genetta genetta) segue aparecendo desde hai uns meses nas imaxes das cámaras de fototrampeo, xunto aos carballos. As carballeiras que resisten son fundamentais para a biodiversidade dentro do bosque. Manter a fauna nestas zonas é crucial para a rexeneración natural do medio, xa que especies como a algaria cumpren un papel indispensable como dispersoras da flora autóctona. Preservar este equilibrio require un traballo constante e un coñec
10 ago


Retirada de eucaliptos do bosque
Compartimos algunhas imaxes do pasado 20 de xuño, xornada na que traballamos na retirada de eucaliptos. Un grupo de 18 socias e socios estivo dedicando o seu tempo e esforzo a unha actividade de voluntariado moi necesaria para frear o avance do eucalipto. O obxectivo foi actuar no único punto do bosque onde aínda quedaba algunha destas árbores exóticas (plantadas antes de que a nosa asociación mercara a parcela) e que tralo incendio do ano pasado se están expandindo. As perso
7 jul


Menos demagoxia, máis prevención forestal
Nestes días, nalgúns medios de comunicación, publícase con moito énfase que a Xunta de Galicia vai castigar aos propietarios de parcelas sen rozar, que se atopan preto das casas. Vista así a nova ata parece que ten lóxica, pero á marxe da demagoxia política está a realidade do rural galego, caracterizado en gran parte do territorio polo despoboamento e abandono, o que favorece que a vexetación, como mimosas e eucaliptos, prosperen e que atallar isto polos propietarios das par
30 may


Observación de Pomba Brava
Na primavera, en Ridimoas, o corpulento pombo (Columba palumbus) sempre alternou coa delicada presenza da rula (Streptopelia turtur); pero este ano, estamos vendo que, mesturadas coas rulas, apareceu unha parella de pombas bravas (Columba livia). Non temos claro de onde veñen, pois o seu hábitat natural é tipicamente rupestre, polo que posiblemente so estean de paso. Da Columba livia proceden tódalas razas e variedades das pombas domésticas. O propio Darwin puido comprobar qu
23 may


Os primeiros carballos tralo incendio
Os carballos son das primeiras árbores que naceron tralo incendio no bosque Ridimoas. A propia fauna encárgase de restaurar o seu hábitat. Micromamíferos como o rato de campo ou aves como o gaio, encárganse de espallar e enterrar landras, lonxe da árbore de orixe. Posteriormente, a humidade e a calor primaveral fan que a landra inicie o seu proceso natural, perdendo a casca e abríndose en dous cotiledóns, dos que xermolarán a parte aérea e subterránea dun novo carballo. Foto
19 may


Acción pola Natureza
No Día da Terra, a Alianza pola Restauración da Natureza, incluíndo máis dun cento de organizacións sociais e ecoloxistas, lanza un manifesto no que se advirte do debilitamento das políticas medioambientais e busca: Alzar a voz fronte a un modelo que prioriza os beneficios económicos duns poucos fronte ao interese xeral e a protección dos ecosistemas. Esixir que a restauración ecolóxica se sitúe no centro das políticas públicas. Impulsar unha Semana de Acción en defensa da na
21 abr






