top of page

RETIRADA DE EUCALIPTOS DO BOSQUE

  • 7 jul
  • 1 min de lectura

Actualizado: 13 jul

Compartimos algunhas imaxes do pasado 20 de xuño, xornada na que traballamos na retirada de eucaliptos. Un grupo de 18 socias e socios estivo dedicando o seu tempo e esforzo a unha actividade de voluntariado moi necesaria para frear o avance do eucalipto.



O obxectivo foi actuar no único punto do bosque onde aínda quedaba algunha destas árbores exóticas (plantadas antes de que a nosa asociación mercara a parcela) e que tralo incendio do ano pasado se están expandindo.



As persoas que viñeron a Ridimoas estiveron arricando estas árbores para axudar a que o monte autóctono recupere o seu espazo nesta parcela e frear a súa progresión no bosque.



O traballo foi moito e sen dúbida fará falta realizar máis intervencións pero, grazas a este primeiro paso, o espazo forestal terá unha oportunidade.



Grazas a todas e todos por achegarvos e facelo posible.

 
 
 

Comentarios


bottom of page