top of page

O territorio da algaria en Ridimoas

  • 10 ago
  • 1 min de lectura

Actualizado: hace 7 días

Continuamos observando como a algaria (Genetta genetta) segue aparecendo desde hai uns meses nas imaxes das cámaras de fototrampeo, xunto aos carballos.


As carballeiras que resisten son fundamentais para a biodiversidade dentro do bosque. Manter a fauna nestas zonas é crucial para a rexeneración natural do medio, xa que especies como a algaria cumpren un papel indispensable como dispersoras da flora autóctona. Preservar este equilibrio require un traballo constante e un coñecemento do terreo para evitar a perda de biodiversidade.


En Ridimoas continuamos con bebedoiros e comida suplementaria desde o incendio para axudar ao bosque nesta nova etapa. Porque os espazos forestais sen fauna non son bosques.




 
 
 

Comentarios


bottom of page