top of page

O sanguiño

18 ago
1 min de lectura

Aínda que podemos atopar pés de sanguiño (Frangula alnus Miller) en distintas partes de Ridimoas, é na paraxe da Barbaña, entre os termos municipais de Beade e Leiro onde este arbusto é máis abundante.



Dende hai días, os froitos das pólas de sanguiño expostas ao sol, xa presentan bagas maduras lustrosas de cor negra, mentres que as máis sombrizas aínda manteñen o ton avermellado. Dentro de cada baga ben formada atopamos entre dúas e tres sementes negras, de catro ou cinco mm de eixe maior, que son espalladas polos paxaros tras dixerir a polpa.



No poema, Nouturnio, Curros Enríquez especifica o vexetal contra o que se arrimaba un vello:


"Un vello, arrimado nun pau de sanquiño, o monte atravesa de cara ó piñar:

Vai canso; unha pedra topou no camiño e nela sentouse pra folgos tomar".



 
 
 

Comentarios


bottom of page