top of page

Menos demagoxia, máis prevención forestal

  • 30 may
  • 1 min de lectura

Actualizado: 1 jun

Nestes días, nalgúns medios de comunicación, publícase con moito énfase que a Xunta de Galicia vai castigar aos propietarios de parcelas sen rozar, que se atopan preto das casas.


Vista así a nova ata parece que ten lóxica, pero á marxe da demagoxia política está a realidade do rural galego, caracterizado en gran parte do territorio polo despoboamento e abandono, o que favorece que a vexetación, como mimosas e eucaliptos, prosperen e que atallar isto polos propietarios das parcelas sexa moi difícil sen apoio económico.


​Basta o esforzo dunha pequena reflexión para decatarse de que a Xunta de Galicia está cargando sobre a cidadanía a responsabilidade e o seu fracaso político relacionado cos incendios forestais.


Os votantes e contribuíntes non somos súbditos nin vasalos ao servizo dos políticos. Salvar Galicia dos incendios é responsabilidade tamén da Xunta e ten que ter a iniciativa e aportar os recursos económicos precisos, que non son poucos, para que se poidan pagar os traballos de roza e retirada de biomasa.


​Para empezar, a Xunta de Galicia debe facer os deberes, empezando por erradicar mimosas e eucaliptos, pois é ela a que debe dar exemplo coa eliminación de especies exóticas invasivas, propagadoras do lume.



 
 
 

Comentarios


bottom of page