Xornada micolóxica no bosque
Actualizado: 13 oct
Esta mañá compartimos unha xornada micolóxica moi especial no bosque Ridimoas xunto ás nosas socias e socios. Durante a actividade, afondamos na capacidade de rexeneración do monte e no papel clave dos fungos pirófitos para a recuperación do solo tras o incendio do ano pasado.
Moitísimas grazas a todas as persoas que vos achegastes e compartistes connosco este sábado, esgotando as prazas dispoñibles para esta actividade. E un agradecemento moi especial a Marcote e a Juanjo por compartir a súa sabedoría e coñecementos durante o percorrido. Dá gusto aprender da man de quen tanto coñece a natureza.
Tamén, o noso agradecemento a AMABUL, asociación medioambiental e á Xuntanza de micólogos “Os Cogordos” por organizar e facer posible esta actividade no noso bosque.
Seguimos coidando e aprendendo da natureza.
















Comentarios