A nosa tenda
Outra maneira de colaborar co bosque! :)
O recadado destínase integramente á conservación do bosque autóctono de Ridimoas.
colección
BRÉTEMAS














Grazas á colaboración coa marca Brétemas, contamos cunha liña de produtos exclusivos á venda. Todos os deseños están baseados en debuxos orixinais de Pablo “Oitabén” e foron producidos de xeito responsable e de proximidade.
As camisetas e sacas fabrícanse en empresas textís de Portugal. A estampación realízase nun pequeno taller de serigrafía artesanal do Ribeiro. Pola súa parte, as tazas prodúcense, esmáltanse e imprímense nunha pequena empresa de Cantabria. Todo o proceso lévase a cabo na maior proximidade posible para reducir o impacto medioambiental.
-
Camisetas (25€): 100% algodón, dispoñibles en cores branca e negra.
-
Sacas de tea (17€): 100% algodón de cor natural.
-
Tazas de metal (18€): Aceiro esmaltado.
Os prezos incluén unha doazón de 10€ para o bosque Ridimoas.
Estes artigos están dispoñibles en liña, na tenda de Brétemas: www.estudiobretemas.gal
colección tiraliñas
























Xa temos dispoñible para a venda os libriños en formato cómic de Ridimoas que conforman a colección Tiraliñas: Viaxe ás Cegoñas, Pepiño o Arrieiro e a guía do Bosque Ridimoas.
En cada un destes libriños obterás información sobre a nosa asociación: a reintrodución das cegoñas en Galicia por Pablo Oitabén; a historia do camiño dos arrieiros que vai dende Ribadavia a Pontevedra e que cruza Ridimoas; e a guía do noso bosque, coas especies florais e de fauna que podes observar se te achegas a facernos unha visita.
O prezo de cada cómic é de 5€ máis gastos de envío.
Se queres conseguir algún destes libriños escríbenos a asociacion@ridimoas.com
