Museo Ridimoas
- Paula Rodríguez Domínguez
- hace 7 días
- 1 Min. de lectura
No corazón do noso proxecto en Ridimoas, ademais da protección e rexeneración do bosque, tamén temos o orgullo de contar cunha colección museística de historia natural que fomos creando ao longo dos anos. Esta colección naceu coa intención de sensibilizar e transformar a forma na que nos relacionamos co medio, porque estamos convencidas de que só se protexe aquilo que se coñece.

A través desta colección, poñemos o foco sobre un dos fenómenos máis preocupantes da nosa época: o proceso de defaunación, a perda silenciosa e constante de especies da nosa contorna. Cada peza, cada exemplar exposto, convídanos a reflexionar e a actuar.

Se che interesa descubrir o bosque de Ridimoas e visitar a nosa colección museística, podes reservar a túa visita escribíndonos ao correo: asociacion@ridimoas.com
+info aquí
Opmerkingen