top of page

Observación de Pomba Brava

  • 23 may
  • 1 min de lectura

Actualizado: 25 may

Na primavera, en Ridimoas, o corpulento pombo (Columba palumbus) sempre alternou coa delicada presenza da rula (Streptopelia turtur); pero este ano, estamos vendo que, mesturadas coas rulas, apareceu unha parella de pombas bravas (Columba livia). Non temos claro de onde veñen, pois o seu hábitat natural é tipicamente rupestre, polo que posiblemente so estean de paso.



Da Columba livia proceden tódalas razas e variedades das pombas domésticas. O propio Darwin puido comprobar que despois de poucas xeneracións cruzando pombas domésticas de aspecto moi distinto, os seus descendetes volvían parecerse á especie antecesora: a pomba brava.



Algunhas características da pomba brava:

  • Entre 30 e 35 cm de longo.

  • Banda negra no extremo do rabo.

  • Dúas franxas escuras que cruzan totalmente as rémixes secundarias.

  • Plumas supracobertoiras caudais brancas.

  • Irisacións verdes e violetas no pescozo.

  • Peteiro curto de cor gris con abultamentos brancos sobre as narinas.

  • Ollos de cor laranxa.

  • Patas vermellas.



 
 
 

Comentarios


bottom of page