Pena Corneira
O 24 de xuño saiu publicado o Decreto 159/2024 do 10 de xuño, polo que se aproba o Plan de xestión do monumento natural da Serra de Pena Corneira, cunha superficie de 998 hectáreas.
Publicación no DOG: preme aquí
Para a Asociación Ridimoas é moi importante esta figura de protección, pois Pena Corneira enmarca polo NO a continuidade forestal do noso bosque a través do hábitat de ribeira do regato da Barbaña (afluente do río Avia) que no decreto aparece co nome de regato Rial da Eirexe, tamén coñecido co nome de regato de Caldelas.
O documento inclúe unha das alegacións presentadas por Ridimoas: “Mellora da conectividade das masas forestais autóctonas”. Esta alegación, que complementa a mellora da conectividade dos hábitats de ribeira, poderá implicar ás asociacións ecoloxistas, xunto con outras entidades, a manter un entorno natural de calidade.
Vista do punto máis recoñecible da Serra de Pena Corneira, en 2015.
Kommentare