top of page

CONVOCATORIA: ASEMBLEA ANUAL E ACTIVIDADES

Cumprindo co artigo 18 dos estatutos, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria telemática que se celebrará o vindeiro día 22 de marzo de 2025 (sábado) dende a sede de Ridimoas, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12 horas en segunda convocatoria.



A Asemblea Xeral Ordinaria celebrarase de maneira online a través do programa Cisco Webex.


  • Cada socio/a recibirá no correo electrónico un convite do programa Cisco Webex coa convocatoria da reunión telemática de Ridimoas. No convite aparecerá o botón de UNIRSE Á REUNIÓN. Premendo nel accederase á Asemblea.


  • Outra opción é a de descargar o programa Cisco Webex e acceder a través del coa información recibida no convite electrónico. Este programa está dispoñible en diferentes versións e tamén para teléfono móbil.


Para calquera dúbida escríbenos a asociacion@ridimoas.com


NOTA: Se es socio/a e non recibiches ningún correo electrónico de Ridimoas durante o último ano, pode ser debido a que a túa ficha de inscrición sexa antiga e non dispoñamos desa información actualizada. Se tes interese en participar da Asemblea telemática, envíanos un correo electrónico para que actualicemos os teus datos e poidamos incluírte na reunión e en futuros comunicados.


ACTIVIDADES PARA O 23 DE MARZO (DOMINGO)


Este ano as socias/os poderán participar de todo o percorrido ou escoller un itinerario máis curto. Tendo en conta iso, o plan para o 23 de marzo de 2025 (Domingo) é o seguinte.



Todo isto é debido a que o local da exposición de Ridimoas está no sur de Beade, a 1,5 km de distancia da igrexa (punto de recepción) e a capacidade máxima de visitantes é limitada.


Por tanto, os do grupo 1 irán en coche ata a exposición, seguindo ao coche guía e despois xa poderán visitar a adega; mentres que os do grupo 2 sairán a pé, con outro guía, dende a contorna da igrexa en dirección oeste, ascendendo polo camiño da Estantiga ata a paraxe do Valdasmo. Dende alí continuarán polo camiño das Sinadas, desviándose ao final cara As Regadas para regresar pola paraxe da Cabreira (parte alta de Ridimoas) en dirección sur, baixando ao barrio da Presa (casco urbano na parte alta do pobo) para ir ata o local da colección museística en dirección A Portela. Vista a exposición irase á adega, próxima ao local, dando alí por rematadas as actividades.


A lonxitude total do itinerario 2 a pé é de 3,5 km de dificultade media. Recomendamos calzado adecuado, podendo facerse con paraugas en caso de choiva.




 

Kommentare


bottom of page