top of page

Cabeza de cobra: novo hábitat

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 26 abr
  • 1 Min. de lectura

Hai uns días localizamos un novo hábitat da planta herbácea cabeza de cobra (Aristolochia paucinervis) da que se alimenta a eiruga da bolboreta arlequín (Zerynthia rumina) en perigo de extinción, segundo o Catálogo galego de especies ameazadas.

No bosque Ridimoas, a Aristolochia paucinervis só estaba localizada en dous sitios moi concretos, polo que atopar unha nova ubicación aumenta as posibilidades de supervivencia desta planta ameazada no Ribeiro de Avia.


Como a pequena matogueira de cabeza de cobra está nun camiño público, a rentes dun muro de pedra, comunicámosllo ao concello de Beade, para que se sinalice e evitar que sexa rozada, sendo a proposta moi ben acollida. De nada serve declarar oficialmente en perigo de extinción a bolboreta arlequín se non se protexe a súa planta nutricia.

Grazas a Saba González polas fotos da bolboreta.

 
 
 

Comments


bottom of page