top of page

Serróns

Coindicindo co final do verán, observamos varios serróns (Spondylis buprestoides) na parte alta do bosque Ridimoas: uns correndo polo chan, outros enriba dos troncos de piñeiros secos e algúns voando no luscofusco. Temos visto larvas destes coleópteros alimentándose de madeira a medio apodrecer; estas larvas, igual ca os escaravellos adultos, son moi nutritivas e apetecidas por aves e mamíferos do bosque.



O individuo adulto, que aquí amosamos, mediu 2 cm de longo e, como se pode ver, posúe mandíbulas curvas poderosas que non dubida en empregar cando trata de defender a súa vida.



留言


bottom of page