top of page

Refuxio de fauna: prohibido cazar

Levamos días restaurando e repoñendo letreiros para evitar a morte de animais durante a temporada xeral de caza, que comezará o día 20 deste mes de outubro; e que durará ata o 6 de xaneiro de 2025. Afortunadamente, a mentalidade está cambiando e o respecto polas propiedades de Ridimoas vai en aumento, en consonancia co artigo 17 da actual lei de caza.



Esperamos non ter que facer chamamento ás socias e socios para organizar quendas de vixilancia, ao tempo que desexamos non ter que presentar denuncias por invasión de zonas de exclusión de caza ou por disparos a especies “non cinexéticas”.

Comentários


bottom of page