top of page

Limpeza de mimosas na Barbaña

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 11 nov 2024
  • 1 Min. de lectura

Estes días estamos traballando na paraxe da Barbaña, concello de Leiro (Ourense) en parcelas da propiedade da Asociación. Estamos rozando mimosas (Acacia dealbata) co obxectivo de mellorar o medio forestal e favorecendo a expansión da carballeira de Quercus robur.



Co avance da carballeira ampliaremos a posibilidade de supervivencia da vacaloura (Lucanos cervus), da arcea (Scolopax rusticola) e do peto verdeal (Picus sharpei).



Erradicar mimosas é un labor caro, de moito esforzo e continuado no tempo. A experincia dinos que os 4 primeiros anos son os máis difíciles, pois as mimosas retoñan de raíz e reprodúcense por semente; pero tamén sabemos que con constancia conséguese, e neste labor levamos máis de 30 anos.

 
 
 

댓글


bottom of page