top of page

O enigmático son da noitebra

A poucos días de rematar o verán, moitas das aves que criaron en Europa, inician a súa migración cara o sur, en dirección a África, onde pasarán o inverno.


Dende agora e ata mediados de outubro, as noitebras (Caprimulgus europaeus) irán abandonando a nosa terra e o bosque Ridimoas perderá un dos sons máis enigmáticos da noite: o monótono rosmar que a ave emite, principalmente na época reprodutora; e que aínda non se puido confirmar se é producido coa boca ou frotando algunha parte do corpo.


Un dos obstáculos mortais que terán que evitar é o atropelo por coches, pois as noitebras non dubidan en voar diante deles para cazar insectos, aproveitando a luz dos faros.


A todas elas desexámoslle boa sorte e ogallá que en 2023 volvan a asombrarnos coa súa presenza e co seu son misterio.


A continuación, imaxes dunha noitebra de Ridimoas, acompañadas da gravación do seu característico rosmar.



bottom of page