top of page

Lagarto dos muíños

Primeira observación do ano do lagarto dos muíños.


Na nosa zona, o lagarto (Lacerta schreiberi) é coñecido polo nome de lagarto dos muíños, pola frecuencia con que era visto polas persoas que baixaban a moer millo no muíño da Barbaña, no linde entre os concellos ourensáns de Beade e Leiro, propiedade da nosa asociación desde hai 4 anos.


Este fermoso lagarto é un endemismo do occidente ibérico. En Galicia aínda presenta importantes poboacións e, no bosque Ridimoas aparece, maiormente, nas marxes fluviais do regato que cruza o bosque, onde atopa un hábitat fresco con abundantes insectos cos que alimentarse.


A primeira observación deste ano no bosque, foi hai uns días, o 9 de abril ao mediodía, cando un macho coa cabeza azul, tomaba o sol no pontillón que hai fronte ao muíño, gozando dos 22ºC, baixo un ceo de cúmulonimbos.

Foto: Javier Estévez.

bottom of page