top of page
Buscar

Abelleiros europeos

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 23 sept 2020
  • 1 Min. de lectura

Nestes primeiros días de outono os abelleiros europeos (Pernis apivorus) concéntranse no sur da Península Ibérica para despois voar a África.

Os abelleiros son rapiñas de tamaño medio, con pesos comprendidos entre 600 e 1100 gramos, con envergaduras de 109 a 122 centímetros e con 52-56 centímetros de longo; sendo os datos biométricos maiores para as femias e os menores para os machos. Aliméntanse de abellas, avespas, formigas e outros insectos. Ocasionalmente cazan roedores e gustan de inxerir froitos como figos e uvas.


Na provincia de Ourense, os abelleiros crían regularmente, aínda que ás veces pasan desapercibidos ao seren confundidos cos buxatos (Buteo buteo) aínda que entre eles hai deferenzas notables como os orficios nasais que no buxato son de forma redonda e no abelleiro alongados; as plumas da face que no buxato non rematan contra a cera do peteiro senón que o fan mediante un remuíño de plumas. No abelleiro as plumas da cabeza conectan coa cera do peteiro formando un auténtico escudo contra as aguilloadas das avespas. Tamén as unllas do abelleiro son menos curvas que as do buxato, como adaptación á súa costume de rabuñar na terra. En voo o abelleiro presenta plumas caudais pouca abertas, mentres que o buxato tenas abertas en forma de abanico.

A cor da súa plumaxe muda moito coa idade, perdendo a cor amarela da narina.


Compartimos as fotos que nos fixo chegar o socio Pedro Holgado (realizadas no Estreito de Xibraltar) e a realizada por Fernando Berezo en Taboazas (Avión).

 
 
 

Comments


bottom of page