top of page
Buscar

Rexitamos a autorización da Xunta ás batidas dos xabarís

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 26 abr 2020
  • 2 Min. de lectura

É irresponsable autorizar batidas en base ao alarmismo e imaxes sensacionalistas, sen datos reais de impacto; pedimos rigor e unha avaliación de danos, con resultados confiables e estudos de poboación. A situación sanitaria actual non debera ter incidencia nas poboacións de fauna que, en teoría, xa tería que reflectir os supostos "efectos controladores" da actividade cinexética, xa que a tempada de caza xa rematara. Recordamos tamén que a primavera é a época de reprodución e cría da maioría de especies e, as consecuencias destas batidas, así como doutras autorizacións de caza, poden provocar un grave impacto medioambiental.

 

Ridimoas rexeita a autorización da Xunta ás batidas dos xabarís

La Región | Ourense | 25 de abril de 2020

A Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas rexeita a iniciativa da Xunta de Galicia de autorizar as batidas a xabarís, aludindo a razóns de enfermidades, evitar accidentes de tráfico ou danos agrícolas, aproveitando a situación de pandemia. A entidade afirma que a situación sanitaria actual "non tivo ningunha incidencia nas poboacións de fauna que, en teoría, xa tería que reflectir os supostos efectos controladores da actividade cinexetica despois de rematada a tempada de caza".


Insiste en que "a esixencia de permitir a caza con carácter excepcional non ten ningún argumento que a xustifique", e recorda que na primavera é a estación na que os animais silvestres están tratando de sacar adiante unha nova xeración e precisan tranquilidade e tamén que moitas especies están en perigo de extinción.


A asociación opinan que "a Conselleira de Medio Ambiente debe ser máis rigurosa e mandar a avaliar polos seus axentes os presuntos danos ocasionados pola fauna e obrar en consecuencia", matizando que "os supostos danos agrícolas polos que se toma a decisión de autorizar máis batidas prodúcense fora da tempada ordinaria de caza, que transcurriu con total normalidade.


Ridimoas tamén apunta a que os agricultores deben estar provistos de seguros que garanticen unhas condiciones xustas e compensacións axeitadas.

 
 
 
bottom of page