top of page

CALENDARIO CELTA: mes do bidueiro

Segundo o calendario celta, dende o 24 de decembro ao 20 de xaneiro, estamos no mes do bidueiro (Betula pubescens). Nome celta: beth.

Os celtas partían o ano en 13 meses de 28 a 29 días alternativamente, equivalentes, aproximadamente a un perídodo luar. O día que eliminaban era o 23 de dembro; e cada mes estaba representado por unha árbore ou arbusto que florecía, perdía follas ou daba froito en dito espazo de tempo.

Dado que no bosque Ridimoas existe a totalidade dos árbores e arbustos que conforman o calendario celta, iremos publicando as características amosadas por cada especie, segundo o mes correspondente, empezando polo bidueiro que é a árbore coa que empeza o ano.

Como ben se pode ver nas fotos tomadas o día 2 de xaneiro de 2013, na paraxe do Valdasmo, os bidueiros están sen follas e amosan os amentos femininos e masculinos. Por tanto para os celtas o ano principiaba coa caída das follas desta árbore.

Foto: Paula Rodríguez Domínguez.

bottom of page