top of page

Os alimentos do outono

Xa estamos na época das castañas. Como se pode ver, as flores femininas do castiñeiro, fecundadas polo pole dos amentos masculinos, convertéronse en ourizos, e coa chegada da choiva aumentaron de grosor e abriron.



No mundo outonal dos poucos reductos de bosque caducifolio que nos quedan, esta é unha época na que se mesturan no chan as castañas, landras, noces, abelás e amorodos, ofrecendo unha boa despensa, abundante e nutritiva, para a fauna silvestre que consegue sobrevivir a tanta persecución e ameazas.

bottom of page