top of page

O millo: alimento básico

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 3 sept 2023
  • 1 Min. de lectura

A semana pasada, realizando unha visita á parte baixa do bosque Ridimoas, na paraxe da Barbaña, puidemos comprobar como as aves se alimentaban da nosa milleira xunto ao muíño. Esta planta gramínea foi sementada por nós para o alimento da fauna silvestre, polo que, feita a comprobación, alonxámonos para que as aves voltasen comer.

O millo (Zea mays) é orixinario de América Central, téndose noticia do seu cultivo en Galicia dende o século XVII. Nas imaxes observamos mazorcas totalmente formadas e pés nos que aínda se apreciaban as inflorescencias masculinas e femininas.


 
 
 

Comments


bottom of page