top of page

A importancia dos caracois

Levamos días traballando na retirada de hedras da ruína mercada pola asociación Ridimoas, mercada en 2014 para acoller a futura sede da nosa asociación, aínda que por falta de recursos, non se puido comezar a reconstruír polo momento.


Estamos atopando moitos caracois, que son recollidos e devoltos ao medio natural do entorno do muíño da Barbaña, onde seguirán actuando como fitófagos, entrando tamén na cadea alimentaria doutras formas de vida como tordos ou vagalumes en fase larvaria.


Fotos do socio e voluntario Elisardo Juncal.

bottom of page