top of page
Buscar

Xantar e itinerario: Asemblea Ridimoas 2019

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 18 mar 2019
  • 2 Min. de lectura

O día 31 de marzo terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria de Ridimoas, que se celebrará ás 12:00h no salón de actos do I.E.S. O Ribeiro. Para coñecer a orde do día e os puntos que se van tratar, consulte: Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 2019.


Despois da asemblea terá lugar o tradicional xantar coa súa posterior visita ao bosque.


Ás 14:00h xantaremos na cafetaría do IES O Ribeiro, podendo escoller entre as seguintes opcións:


- Bocadillo de xamón, dúas mandarinas, un plátano e auga.

- Bocadillo de tortilla, dúas mandarinas, un plátano e auga.

- Bocadillo vexetal con atún, dúas mandarinas, un plátano e auga.


O custo é de 6€. Os asistentes á Asemblea (poden vir con familiares ou amizades) deben reservar os bocadillos chamando ao teléfono: 988 480 062 ou comunicalo por correo electrónico a: asociacion@ridimoas.com ata o 28 de marzo de 2019; indicando que é para o xantar de Ridimoas e a opción de xantar escollida. Para outras opcións de bocadillo, poden chamar ao teléfono 696 973 904.


ITINERARIO de 2.200 m . (dificultade media):


Ás 16:00 horas, dende o IES O Ribeiro, sairemos cara Beade ata a contorna da súa igrexa. Desde alí, subiremos ao bosque, pasando a carón do conxunto monumental do Calvario, continuando polo camiño da Estantiga ata o cruce do Valdasmo, onde veremos os efectos beneficiosos da eliminación de mimosas e a evolución de viñas a bosque. Continuaremos polo camiño dos arrieiros (de Beade a Pontevedra) ata chegar ao mirador do Valdasmo. Desde o mirador descenderemos, internándonos na paraxe catastral de Ridimoas, vendo o estado da primeira parcela reforestada, pasando á beira dun piñeiro (pinus pinaster) de máis de cen anos e con 40 metros de alto e 3 metros de circunferencia na base. Contemplaremos o hábitat frondoso da primeira parcela mercada, cruzada polo río de Moas, e regresaremos a través da carballeira ascendendo ata o Valdasmo.


AVISO: imprescindible calzado impermeable.


Piñeiro centenario da especie Pinus Pinaster no mesmo corazón do bosque Ridimoas.

Foto: Paula Rodríguez.

Data: 14 de xaneiro de 2019.


 
 
 
bottom of page