Convocatoria: Asemblea Xeral Ordinaria 2018
- Paula Rodríguez Domínguez
- 12 feb 2018
- 1 Min. de lectura
Cumprindo cos estatutos, convocamos aos socios e socias de Ridimoas á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o vindeiro día 11 de marzo de 2018 (domingo) no IES O Ribeiro de Ribadavia (Ourense) ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda convocatoria, e na que trataremos os seguintes puntos da orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria do ano anterior.
2. Informe sobre o estado do bosque Ridimoas e dos traballos realizados en 2017.
3. Informe económico.
4. Actividades para o ano 2018.
5. Proxección da secuencia dos gaios, comendo mazás na paraxe do Poenxo.
6. Rogos e preguntas.
Despois da asemblea terá lugar o tradicional xantar coa súa posterior visita ao bosque. Para apuntarse a estas actividades consulte: Xantar e Itinerario Asemblea 2018.

Gaios (Garrulus glandarius) na maceira do Poenxo. Polígono 12, parcela 28.
Foto: Mani Moretón. Data: 19 de xuño de 2017.