Xantar e itinerario: Asemblea Ridimoas 2018
- Paula Rodríguez Domínguez
- 1 mar 2018
- 1 Min. de lectura
O día 11 de marzo terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria de Ridimoas, que se celebrará ás 11:30h no salón de actos do I.E.S. O Ribeiro. Para coñecer a orde do día e os puntos que se van tratar, consulte: Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 2018.
Despois da asemblea terá lugar o tradicional xantar coa súa posterior visita ao bosque.
Ás 14:00h xantaremos na cafetería do IES O Ribeiro, podendo escoller entre as seguintes opcións:
- Bocadillo de xamón, dúas mandarinas, un plátano e auga.
- Bocadillo de tortilla, dúas mandarinas, un plátano e auga.
- Bocadillo vexetal con atún, dúas mandarinas, un plátano e auga.
O custo é de 6€. Os asistentes á Asemblea (poden vir con familiares ou amizades) deben reservar os bocadillos chamando ao teléfono: 988 480 062 ou comunicalo por correo electrónico a: asociacion@ridimoas.com ata o 8 de marzo de 2018; indicando que é para o xantar de Ridimoas e a opción de xantar escollida. Para outras opcións de bocadillo, poden chamar ao teléfono 696 973 904.
ITINERARIO:

Este ano o itinerario será máis curto. Ás 16:00h, dende o IES O Ribeiro, sairemos cara Beade ata a contorna da súa igrexa. Alí, se o tempo o permite, poderemos facer algunhas actividades para os máis cativos, como o cálculo de alturas inaccesibles, trazado xeométrico da cruz de Malta e un resumo da historia da Encomenda de Beade e do calvario.
Despois baixaremos polo camiño de Covelo ata o regato da Barbaña e veremos o muíño e o hábitat asociado.