top of page
Buscar

Día Mundial do Medio Ambiente

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 5 jun 2016
  • 1 Min. de lectura

Feliz Día Mundial do Medio Ambiente. Con motivo desta celebración, que debera ser sempre, compartimos convosco a foto da póutiga (Cytinus hypocistis), unha planta silvestre cada vez máis rara de ver debido á alteración do entorno, porque precisa da axuda das lagartas do monte (Psammodromus algirus), das formigas e, tamén, parasitar a raíz da carpaza de flor amarela (Halimium lasianthun subespecie alyssoides). En Ridimoas temos a sorte de contar con esta planta á que tamén lle temos moito aprezo polo seu valor simbólico xa que, a súa floración, adoita coincidir co día das Letras Galegas.

Que teñades moi bo ‪#‎DíaMundialdoMedioAmbiente‬


 
 
 
bottom of page