top of page

Póutiga (Cytinus hipocistis) 

As póutigas son plantas silvestres comestibles, pertencentes á familia Rafflesiaceae que, no bosque Ridimoas, viven parasitando a carpaza de flor amarela (Halimium lasianthun subespecie alyssoides)

O conxunto da planta en sazón recorda a unha alcachofa algo máis pequena ca un puño. A parte comestible é unha xelatina case transparente, incolora e de sabor gomoso que se atopa no ovario das flores femininas ou tetos máis gordos dos laterais.

 

En Ridimoas, as póutigas, sobreviven en duas parcelas na paraxe do Poenxo. Polo de agora descoñecemos o vector de propagación aínda que as nosas observacións mostran á lagarta de monte (Psammodromus algirus) como posible responsable; aínda que tamén algún micromamífero podería facer esa función.

 

Fotos: Oitabén

 

 

bottom of page