top of page

Mantemento do hábitat

A chuvia está sendo a gran protagonista no bosque, pero non nos impide continuar cos traballos de mantemento e mellora de hábitats. Desta vez, retiramos un eucalipto (Eucalyptus globulus), na paraxe do Poenxo, próximo ao hábitat das píntegas.



Os eucaliptos desta parcela foran plantados en 1990 por un veciño de Beade e nestes anos medraran moito e as súas raíces alteraban o manancial dos anfibios. En 2017 a nosa asociación mercou a parcela e empezamos a retirar estas árbores alóctonas; este traballo estamos a realizalo pouco a pouco, con moito coidado para causar o menor dano posible aos carballos e castiñeiros das parcelas colindantes.




bottom of page