top of page

Sen rastro do Chasco

Como tódolos anos por estas datas, xa estamos en plena preparación do noso boletín informativo anual, no que damos conta do traballo realizado pola asociación e salientamos o máis relevante da flora e fauna autóctona.


Nesta edición, dedicarémoslle un espazo a un paxariño que antes era moi común no Ribeiro de Avia e que na actualidade non conseguimos localizar, dándoo por desaparecido da nosa contorna: o chasco (Saxicola torquata).

E para iso contamos coas fermosas fotos que nos fixo chegar o noso grandísimo compañeiro e amigo Pedro Holgado Garcia, tomadas na comarca das Villuercas (Cáceres), onde a especie aínda é frecuente.





bottom of page