Devolución do sapoconcho á liberdade

15/7/2019

Como asociación vencellada á educación, hoxe quixemos devolver á liberdade ao sapoconcho europeo (Emys orbicularis) acompañados dos nenos da comarca que están realizando actividades de verán con ESTUDIO ARTE. É importante que as novas xeracións o coñezan e sexan conscientes da riqueza do patrimonio natural tan valioso que temos no Ribeiro. Non podemos permitir que este entorno continúe a degradarse; é urxente actuar para que moitos outros sapoconchos poidan chegar tamén a ser centenarios.

 

Queremos agradecer aos representantes do goberno do concello de Ribadavia a súa presenza, así como a dos partidos Ribeiro en Común e BNG. Tamén a A&B Comunicación e Deseño pola súa colaboración desinteresada con esta montaxe tan bonita do acto de hoxe, aos veciños e prensa que se achegaron ata alí e, por suposto, a Pedro Alfaro, o veciño que hai uns días nos daba o aviso.

 

Esperamos que o sapoconcho devolto á liberdade, teña a oportunidade de completar o seu ciclo biolóxico e que, todo isto, contribúa tamén a sensibilizar na necesidade de protexer esta especie e os seus hábitats.

 

 

 

 

 

 

 

Please reload

Destacados

Devolución do sapoconcho á liberdade

15/7/2019

1/2
Please reload

Máis recentes

February 17, 2020

February 13, 2020

January 27, 2020

January 16, 2020

January 13, 2020

Please reload

Búsqueda por Tags
Please reload

Séguenos
  • Facebook Classic
  • Twitter Classic
  • Google Classic