top of page

Xermolo de Quercus suber

Con todo en contra: temperaturas elevadas, seca prolongada e comportamento irracional dalgúns humanos, esta pequena sobreira (Quercus suber) asómase á vida nun medio ambiente de supervivencia. Aínda non ten un ano, xa que a landra da que naceu entrou en contacto coa terra en novembro de 2021.


Nada máis xermolar, na paraxe da Barbaña (Leiro), foi protexida, en prevención de fozaduras e outros perigos. Como toda pequena criatura, esta sobreiriña precisa coidados ata que chegue a valerse por si mesma.


Continuamos defendendo o bosque nunha época moi complicada. Se non es socia/o de Ridimoas e queres colaborar connosco e converterte en copropietaria do bosque, podes asociarte aquí.


bottom of page