top of page

Xa non son malo

XA NON SON MALO. O novo libro á venda da Editorial Antela que lle dá a volta ao conto do Lobo Feroz.

Este libriño segue na liña desta editorial ourensá para educar en valores sostibles e de respecto ao patrimonio natural. Ademáis cada libro ven cun caderno de actividades para os máis pequenos e, por se non fora dabondo, a caixiña na que ven desmóntase para converterse nuha casiña. Toda unha fermosura. E cunha edición de luxo!

E ademais queremos agradecerlle a Antela Editorial que pensaran en nós para contribuír co noso labor medioambiental con cada venda realizada de XA NON SON MALO.

bottom of page