top of page

Traslado da colección museística

Levamos días realizando o traslado da colección museística de Ridimoas, desde o IES O Ribeiro (Ribadavia), donde estivo todos estes anos, ata un local facilitado polo Concello de Beade, debido á necesidade de ter que mover a colección. O traslado de máis de 60 vitrinas de cristal, algunhas de gran tamaño, está sendo laborioso, xa que temos que evitar que se estraguen. Aínda poñendo o máximo coidado, algúns espécimes están sendo restaurados, para corrixir desperfectos.



Na imaxe podemos ver unha cegoña negra (Ciconia nigra) inmatura que está sendo restaurada. Esta cegoña morrera por impacto contra un cable do tendido eléctrico no Parque Nacional de Monfragüe e fora entregada a Ridimoas como fondo documental da Asociación, con data do 25 de novembro de 1989. A guía do seu precinto é o 1023 do Instituto Nacional para a Conservación da Natureza (ICONA).

bottom of page