top of page

Tordos en Ridimoas

Agora que encaramos o outono, resulta gratificante saber que as nosas suores do verán foron importantes para a biodiversidade.


Na escena gravada no bebedoiro da parte alta de Ridimoas, con data 21 de agosto de 2024, vese a unha familia de tordos charlos (Turdus viscivorus) disfrutando dun "día de praia".



Gozan da vida no bosque que nós coidamos e que eles melloran, dispersando, nos seus excrementos, sementes de especies leñosas como: pereira brava, estripeiro, abruñeiro, érbedo ou cerdeira; por iso convén coidar a fauna para que os espazos naturais se renoven e manteñan ao longo do tempo.

Комментарии


bottom of page