top of page

TEIXUGA (Meles meles)

A vida en Ridimoas non se detén. Agora que as horas de luz minguan cada ser vivo sabe instintivamente o que ten que facer en cada momento. Así podemos ver a esta teixuga (Meles meles) apañando follas secas para preparar unha cama de cría ou de repouso invernal, con esta pauta de coportamento tan singular, transportando o material de costas e entre o pescozo e o ventre.

Non podemos saber cando terá a descendencia, pois as teixugas teñen implantación diferida do óvulo fecundado, antes de implantarse na parede do útero. O que é seguro é que ela saberá cal é o momento preciso de iniciar a xestación, que durará entre seis e oito semanas.

bottom of page