top of page

Sustentabilidade ambiental

No que vai de 2023, a asociación Ridimoas xa mercamos 13.438 m² de terreo forestal, cumprindo así o principal obxectivo da Asemblea Xeral do 25 de marzo.


A adquisición de terras é a estratexia que máis valoramos, xa que permite asegurar o futuro de hábitats específicos. Sabemos que un territorio é viable cando produce alimentos ao longo do ano; por iso, antes de rematar unha merca, fixámonos moito na cadea trófica que poida sustentar.


Aquí amosamos a planta herbácea, estreliceira (Anarrhinum duriminum) no muro dunha das parcelas mercadas. A planta está sendo comida por eirugas da bolboreta doncela ibérica (Melitaea deione) á que tamén podemos ver en imago.

A presenza destas eurugas sobre a planta nutricia, foi determinante para decidirnos a mercar a parcela

Eiruga de Melitaea deione.


Planta nutricia estreliceira (Anarrhinum duriminum).


Imago de bolboreta doncela ibérica (Melitaea deione). Foto de Saba González.











bottom of page