top of page

Situación do manancial sur

Este ano, a escaseza de choiva e as altas temperaturas, fixeron secar o manancial da ladeira sur da valgada central da carballeira de Ridimoas. Ata hai poucas semanas, a auga aínda manaba debaixo de contrafortes graníticos e enchía a poza.


Coa seca foise ateigando de terra poirenta, polo que decidimos retirarlla, profundizando un pouco no seu leito. A finalidade é que cando regrese a choiva esta fonte centenaria volva a ser hábitat de anfíbios e punto de encontro no que os habitantes do bosque poidan saciar a sede de xeito natural.


Evolución do manancial:


1/ Foto do 1 de setembro de 2016


2/ Foto: 20 de marzo de 2022


3/ Foto: A poza na actualidade. 17 de agosto de 2022.


bottom of page