top of page

Selo de Salomón

Nos últimos días, estivemos baixando ao fondo da valgada central do bosque Ridimoas, co obxectivo de localizar e fotografar a planta Selo de Salomón (Polygonatum odoratum).

Puidemos atopala, observar que xa está co froito e constatar que nesta parte da carballeira, o Selo de Salomón está en expansión, asociado ao rascacú (Ruscus aculeatus).

Antigamente, esta planta tivo usos medicinais, denominándose tamén Soldaconsolda, por facilitar a soldadura dos ósos rotos. Na antiga Roma tamén era utilizada para cosméticos. A referencia a Salomón procede da tradición popular que di que grazas ás propiedades máxicas desta planta, o seu lexendario templo fora levantado nunha soa noite.

bottom of page