Roubo dos letreiros
- Paula Rodríguez Domínguez
- 15 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 21 nov 2022
O pasado 10 de novembro, o presidente de Ridimoas presentou denuncia no posto da garda civil de Leiro, polo roubo de dous letreiros indicadores da prohibición de cazar no noso bosque. Os dous letreiros estaban na paraxe da Barbaña, concello de Leiro (Ourense) por onde transcorre un itinerario de visitas.
Todo fai sospeitar que a autoría do roubo está relacionada co TECOR de Leiro que mantén unha relación traumática con Ridimoas, sendo a nosa entidade a perxudicada.
Con estes dous letreiros xa son 11 os roubados nos últimos anos nas parcelas propiedade de Ridimoas desta zona. Valoramos os danos totais en 720€.
Desde aquí pedimos que se nos devolvan os letreiros, pois non é o mesmo ser cazador que atracador.

O socio Víctor cun dos letreiros. Este é un dos letreiros roubados
Comments