top of page

Rehabilitación dun cobregón

Neste primeiro día de verán, dos traballos de protección de fauna silvestre destacamos a rehabilitación dun cobregón xuvenil, que fora ferido gravemente por un gato doméstico. Despois de nove días en recuperación, foi devolto á liberdade nun hábitat específico do bosque Ridimoas.

O cobregón (Malpolon monspessulanus) é o ofidio máis grande da nosa terra, podendo chegar a medir máis de metro e medio de longo, polo que exerce de superdepredador dentro da comunidade de réptiles.En Galicia atópase no límite noroccidental da súa distribución ibérica, sendo máis frecuente a súa presenza nas bisbarras con marcada mediterranización, como é o Ribeiro de Avia.

bottom of page