O paspallás común e a perdiz rubia autóctona
- Paula Rodríguez Domínguez
- 16 nov 2020
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 9 dic 2020
Xa estamos de cheo na elaboración do boletín informativo anual de Ridimoas. En 2020 a vida no bosque non se detivo e temos moito que compartir coas socias e socios de Ridimoas.
Neste novo boletín tamén falaremos da fauna que xa desapareceu. Este ano centrarémonos no paspallás común (Coturnix coturnix coturnix) e na perdiz rubia (Alectoris rufa hispanica).

Paspallás común (Coturnix coturnix coturnix)

Perdiz (Alectoris rufa intercedens)
Para ilustrar esta sección, dispoñemos de ilustracións do paspallás realizadas a partir de documentación diversa e tamén unha fotografía dunha perdiz "de granxa" (Alectoris rufa intercedens) realizada por Maxi Grande Lasén.
Desde aquí queremos pedirvos que, se tedes algunha fotografía orixinal do paspallás común e da perdiz rubia autóctona de Galicia, por favor vos poñades en contacto connosco a través do noso correo asociacion@ridimoas.com. Agradeceriamos moititísimo poder incluír algunha foto destas especies no boletín, indicando autor, ano da foto e localidade.
Comments