Primavera
- 23 may 2024
- 1 min de lectura
A primavera é a estación máis propicia para fixarnos en como as especies do bosque interactúan.
Hai un par de días, nun pequeno paseo pola parte alta de Ridimoas, comprobamos o importante que é para a biodiversidade a floración dunha humilde 𝗵𝗲𝗿𝗯𝗮́𝗰𝗲𝗮 (𝗔𝗻𝗮𝗿𝗿𝗵𝗶𝗻𝘂𝗺 𝗱𝘂𝗿𝗶𝗺𝗶𝗻𝗶𝘂𝗺) moi abundante nos muros da beira dos camiños e á que non sempre lle da a importancia que ten. Sobre as súas pequenas flores puidemos ver moitos insectos, principalmente abellas e abesouros, alimentándose ao tempo que cumprindo coa función polinizadora; e tamén eirugas de bolboretas.
Abesouro na 𝗵𝗲𝗿𝗯𝗮́𝗰𝗲𝗮 𝗛𝗲𝗿𝗯𝗮́𝗰𝗲𝗮 Eiruga de bolboreta
Antes de regresar, decatámonos da existencia dun niño de merlos, na galla dun codeso, do que xa liscaran as crías. Un dos proxenitores aínda emitía o seu característico canto territorial, baixo a chuvisca da tarde. Os merlos tamén contribúen á propagación do seu hábitat arbustivo.

















Comentarios