top of page

Plantas herbáceas

As plantas herbáceas son organismos vivos que, en xeral, non gozan da popularidade da fauna, polo que a súa desaparición pode pasar inadvertida. Moitas son as causas da desparición das especies botánicas do Ribeiro de Avia; pero as máis salientables son: a destrucción de hábitats por desmontes, a aplicación de herbicidas de uso agrario, os incendios forestais e o cambio climático.


Durante os labores de silvicultura na paraxe da Barbaña (Concello de Leiro), realizados estes días, fixemos fotografías dalgunhas herbáceas para documetar a súa existencia no bosque Ridimoas; e dentro delas escollemos as dúas que aquí amosamos:


Branca Ursina ou Pé de oso (Eracleum sphondylium).


Crisantemo (Leucanthemun pseudosylvaticum).


bottom of page