top of page
Buscar

Pisquiño

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 13 ene 2021
  • 1 Min. de lectura

Devolvemos á liberdade a este pisquiño (Erithacus rubecula) que foi recollido na estrada semiinconsciente polo veciño (e socio de Ridimoas) Miguel A. Carreiro, salvándoo dunha morte segura.


Tras comprobar que non tiña nada roto, hidratámolo, alimentámolo e deixámolo descansar na escuridade, a carón dun radiador, durante catro horas. Despois disto xa estaba listo para saír voando!



 
 
 

Comments


bottom of page