top of page

Parcelas mercadas en 2022

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 24 ene 2023
  • 1 Min. de lectura

Estamos rematando a preparación do Boletín Informativo de Ridimoas, referente ao ano 2022, no que se mercaron 12.682 m2 repartidos nas parcelas que amosamos na táboa.


A totalidade da terra mercada foi no Concello de Beade, da que resumimos as súas características:

  • A da Trigueira está arborada de bosque mixto.

  • No Poenxo amplíase o hábitat de anfibios.

  • Na parcela das Curuxas aniña a noitebra.

  • No Uzal crían mustélidos.

  • Na Barbaña-Covelo abundan as abeleiras e nelas vive unha interesante poboación de lagarto dos muíños, da que amosamos a foto dun espécime que vai na portada.

  • Na parcela Ridimoas, atópanse carballos centenarios

  • A do Carreiro do muíño foi a máis cara en proporción á superficie, por tratarse dunha viña que facilita o acceso ao regato da Barbaña.

Desde aquí damos grazas ás socias/os que, coa súa cota anual, sumada a donativos doutras persoas, fixeron e fan posible que a vida silvestre atope acubillo nos hábitats do Ribeiro de Avia que ano tras ano imos mercando.

 
 
 

Comentários


bottom of page