top of page

Parabéns Mancha!

Hoxe a egua Mancha está de aniversario!


Celebramos 16 aniños coa nosa gran compañeira. Naceu en Ridimoas pola mañá cedo o 5 de abril de 2005. A súa nai fora recollida por nós en avanzado estado de xestación en Maside (Ourense), para ser coidada pola nosa asociación mentres se instruía unha causa xudicial por ser maltratada. Trala finalización do caso quedaron connosco (a nai morreu uns aniños despois).


Nesta secuencia vemos a Mancha o 4 de xaneiro de 2007, gozando da vida no bosque!

bottom of page