Os morcegos no verán
Cos nomes de Mang e Abrenoite denominaron R. Kipling e W. Fernández aos morcegos: mamíferos trasnoitadores especialistas en voar coas mans e ver coas orellas.
En Ridimoas, o seu turno de noite estival, empeza dúas horas despois da posta do sol. Amparados na escuridade, os quirópteros trazan liñas quebradas sobre árbores e arbustos con direccións de apariencia desordenada para nós, pero de precisión vital para eles, pois andan a cazar avelaíñas e outros insectos de tamaño axeitado.Resulta entretido observar morcegos, tratando de identificar as siluetas propias de cada especie, sabendo que algunha delas, como a do xénero Rhinolophus, levan lucindo a súa feitura básica dende hai 45 millóns de anos.
Desexamos que as accións conservacionistas, postas en marcha en moitas partes, deteñan o declive dos morcegos europeos, tan beneficiosos para o medio urbano, agrario e forestal.
Morcego común (Pipistrellus pipistrellus) no tronco dun carballo.
Peso: 3-8 g.
Envergadura: 180-240 mm.
Comments