top of page

Os Castiñeiros

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 23 jun 2024
  • 1 Min. de lectura

Cumprindo coa súa condición vexetal, os castiñeiros (Castanea sativa) están en plena floración, lucindo a cor amarela dos amentos masculinos e a verde clara das flores femininas.


Segundo documentación bibliográfica, o xénero castanea é moi antigo, pois diferenciouse dos carballos e das faias hai 43 millóns de anos e, aínda hoxe, os estudosos dos castiñeiros non teñen claro se é unha árbore autóctona de Europa ou se foi introducida. O que é certo é que o castiñeiro non aparece no calendario druídico, aceptándose a área de Oriente Próximo como cuna do cultivo desta árbore tran presente en Galicia.


ree

Floración do castiñeiro


ree

Flores femininas de cor verde clara


ree

Amentos masculinos de cor amarela

 
 
 

Comentarios


bottom of page