Nogueira
Con data 20/03/2007, no linde sur da parcela 335 do polígono 12, dentro do espazo forestal de Ridimoas, plantamos unha nogueiriña de 19 cm de altura, nacida dunha noz ventureira. Sabiamos que a paraxe elexida non era a máis axeitada para esta árbore, pero queríamos aumentar as posibilidades de comida á fauna silvestre. Pasaron 7 anos e a pequena árbore, coa nosa axuda, sobreviviu e nesta primavera de 2024 deu os primeiros froitos, acadando os 3,85 m de altura. Agora, protexida por un cercado defensivo, vexeta placidamente a 245 m de altitude, nas seguintes coordenadas: N 42º 19.888'; W 08º 08.113'; sendo fácil de ver nas visitas ao bosque, por estar próxima ao camiño das Regadas.
A nogueira (Juglans regia) difundida na antigüidade por gregos e romanos, é unha especie orixinaria das rexións montañosas do sureste de Europa e oeste de Asia.
A nogueira no ano 2019
Nogueira 16/06/2024. Paraxe Valdasmo
Nogueira 16/06/2024. Paraxe Valdasmo
Comments